Sobre nós

Eventos en Coruña que ninguén che conta

Todos os eventos que recomendamos, recomendámolos de verdade.

“Non só dicir que vai haber este evento, senón: eu vou ao evento, ensínovos como é por dentro e animovos a vir.”

Álvaro Lozano · Fundador de CorunaEvents

01 / Quen son

Como naceu CorunaEvents

Álvaro Lozano

Ola, son Álvaro, encantado!

Son un emprendedor (ou iso creo) que, como moitos mozos, se sentiu estancado na vida. Unha das miñas paixóns sempre foi a programación, e con 23 anos, decidín comezar a apuntarme a actividades para coñecer xente e facer plans diferentes.

Entre tanta publicidade de ocio nocturno e outros plans típicos, era complicado atopar outros, pero grazas a preguntar e rebuscar, comecei a apuntarme a todo tipo de actividades: charlas, obradoiros creativos e rutas de sendeirismo.

Descubrín un mundo novo, e coñecín xente que organiza actividades moi boas, pero que non teñen visibilidade, así que aproveitando os meus skills de programación, desenvolvín un bot que me engadía os eventos ao calendario de Notion.

Un proxecto que naceu para min, pero que ao ensinárllelo á xente, pareceu moi útil, polo que decidín lanzalo baixo a marca CorunaEvents.

En 2025, plantexeime "vencer a timidez", e pasar de promocionar eventos a colaborar neles e organizar os meus, achegando a miña propia filosofía e forma de entender o ocio. Unha decisión que tras moito traballo, levoume a asinar colaboracións co Concello e a UDC, organizando eventos que mesturan tecnoloxía e aprendizaxe.

LinkedIn

02 / Que facemos

O noso proceso

Tecnoloxía

Recoller

A nosa tecnoloxía rastrexa webs, redes e outros medios para atopar os eventos da cidade, sobre todo os de xente independente. Pero, a diferenza doutras webs, imos aos eventos e…

Comunidade

Participar

…gozamos do evento e participamos, dunha feira de artesanía a unha ruta de sendeirismo. Despois compartímolo na web e nas redes. E de cada evento…

Aprender

…levamos algo novo, que aplicamos en todo o que facemos.

Conectar

Falamos coa xente e recomendámoslle outros eventos. Ás veces, desas conversas xorden ideas…

03 / Eventos propios

…e así nacen os nosos

NocturniaTech
Obradoiro · Concello da Coruña

NocturniaTech

Dous obradoiros para perderlle o medo á tecnoloxía, con espazo para falar de ética e benestar dixital.

  • Obradoiro 1: lóxica e programación con Scratch
  • Obradoiro 2: automatización e IA con N8N
  • Para mozos de 12 a 30 anos, sen coñecementos previos
  • Material didáctico propio e plataforma web accesible, conforme ao RXPD
Dark Side of AI
Charla · Concello, UE e Hi Coruña

Dark Side of AI

O lado da intelixencia artificial do que case ninguén fala: quen deseña os algoritmos, que sesgos teñen, que pasa cos nosos datos e por que non convén creerse todo o que di unha IA.

  • Sesión co Concello en O Remanso
  • Ponencia en inglés en Luxemburgo, dentro de Secure Screen (UE)
  • Ponencia especial en Hi Coruña, en colaboración con Javier Torres
Charla de oposicións
Charla · Universidade da Coruña

Charla de oposicións

Para quen se formula opositar: que supón de verdade preparar unhas oposicións e como organizarse, contado con honestidade e sen vender fume.

  • Con Nicolás Manteiga como poñente
  • Campaña de difusión: pantallas das facultades, carteis e redes
  • Dinámica con enquisa interactiva e gráficos coas respostas
  • Organización, rexistro por QR e presentación ao noso cargo

04 / Colaboracións e voluntariado

O proxecto en cifras

150+Eventos nos que participamos
3anos de vida

Colaboracións oficiais

Concello da Coruña

Universidade da Coruña

Hi Coruña

Unión Europea

Voluntariado

WRO

World Robot Olympiad · Organización, mentoría e xurado

Festiletras

Xunta de Galicia y Estrella Galicia · Montaxe e contido para redes

Secure Screen

Unión Europea · "Dark Side of AI" en inglés, ante participantes de 8 países

HackUDC

Universidade da Coruña · Mentoría técnica e apoio emocional

05 / Filosofía

O que buscamos

Concertos de grandes artistas
Eventos nos que ti es o artista
Charlas que venden fume
Charlas que che fan aprender e reflexionar
Saír de festa e emborracharse
Ir a unha actividade e coñecer xente

06 / Servizos

O que podemos facer xuntos

Traballamos con eventos pequenos e medianos. Podes traernos a túa idea ou elixir un dos nosos.

Difusión

Se o teu evento encaixa cos nosos estándares, deseñamos unha campaña para chegar á xente: xestión de inscricións, newsletters e integración no noso ecosistema.

Contido a medida

Producimos un vídeo resumo ou de promoción pensado para os teus canles. Sempre pedindo consentimento, para que a xente estea cómoda.

Dinamización

Facemos realidade o teu evento: presentamos, organizamos dinámicas e deseñamos espazos e contidos a medida, con material propio.

Apoio técnico

Web do evento, rexistro de asistentes, automatización de correos e configuración de equipos.

¿Colaboramos?

Se tes unha idea, ou simplemente queres falar: tomamos un café e vemos que ten sentido. Sen compromiso, e sen importar se es unha persoa, unha asociación ou un colectivo pequeno.