Noroeste Estrella Galicia 2024

Descripción

Con 37 anos de historia ás súas costas o Festival Noroeste Estrella Galicia é un clásico do verán coruñés. Unha cita coa música no arranque de agosto que cada ano capta a atención non só da veciñanza da cidade, tamén a dos seus visitantes supoñendo un atractivo máis para achegarse a este recuncho atlántico no que ‘Somos Noroeste’.

Do 5 ao 10 de agosto, diversos escenarios repartidos pola cidade da Coruña acollerán o 37 Festival Noroeste Estrella Galicia. Diversidade de estilos musicais conforman o programa deste 2024 que se reafirma na súa idea ‘Somos Noroeste’.

Artistas

Para esta edición, os artistas participantes son: Caamaño&Ameixeiras, Lura, Salif Keita, Hormigonera, Tiburona, Zënzar, Meu, Virginia Red, Patax, Ife Ogunjobi, Martha High, Leticia Rey, Martin Kohlstedt, Terrae, BCUC, Chambao, Lemot, Zålomon Grass, Kamikaze Helmets, Repion, Imägo, Soul Teller, Travis Birds, Garufa Blue Devils Big Band, Trío Da Kali, Lapido, Fillas de Cassandra, Xoel López, Crystal Fighters, Triángulo de Amor Bizarro, Vetusta Morla, The Rapants

En CorunaEvents publicamos a axenda para os días 9 e 10 de agosto, que son os días máis TOP. Na imaxe a continuación está disponible o cartel completo:

Eventos

Noroeste Estrella Galicia 2024

Categorías

Municipal
Festivales
Cultura
Música

Enlaces

Web